Kronecker, Leopold
Kronecker, Leopold
(Liegnitz, Baixa Saxonia 1823 - Berlín 1891) Matemático. Profesor na Universidade de Berlín, estudiou as funcións elípticas e fixo progresar a teoría dos números. Importante tamén pola súa filosofía das matemáticas, inventou a función delta de Kronecker, utilizada para simplificar fórmulas e facer que sexan máis concisas.