Kropotkin, P’otr Aleksejevič
(Moscova 1842 - Dmitrov, Moscova 1921) Teórico do anarquismo e xeógrafo ruso. De familia aristocrática, serviu no exército ruso (1862-1867) e dirixiu expedicións xeográficas a Siberia e Manchuria. Participou en Suíza na Primeira Internacional (1872), na que adoptou posturas bakuninistas. Regresou a Rusia e foi encarcerado durante dous anos, tralos que conseguiu escapar e residiu exiliado en Suíza, Francia e Reino Unido. En 1917 volveu a Rusia e colaborou cos soviets, sen aceptar sen embargo ningún cargo oficial. Escribiu Paroles d’un révolté (1885) e La conquéte du pain (1892). Na súa obra Axuda mutua (1902), argumentaba, en contra do concepto darwinista, que a cooperación en lugar da competencia fora o factor fundamental da evolución das especies.