Kroto, Harold W.

Kroto, Harold W.

(Wisbech, Cambridge 1939) Químico inglés. Estudiou na Universidae de Sheffield, onde se doutorou en 1961. Realizou investigacións baseadas na espectroscopia de microondas e capturou e analizou ondas producidas no espazo interestelar grazas á radioastronomía. Xunto con R. Smalley, R. Curl, e os estudiantes J. R. Head e S. C. O’Brien, crearon clusters de carbono a partir de grafito, que tras ser examinados descubriron que en vez de longas   cadeas de carbono, había fulerenos. Ademais conseguiron desenvolver un método para sintetizar estas moléculas. Por este descubrimento recibiu, xunto con Smalley e Curl, o Prremio Nobel de Química en 1996.