Kühn, Heinrich
Kühn, Heinrich
(Dresden 1866 - Birgitz, Austria 9.10.1944) Fotógrafo alemán. Realizou investigacións de fotografía microscópica no Instituto de Anatomía Patológica de Innsbruck (1887-1888). Formou parte do grupo Camera Club de Viena, achegado ao pictorialismo, do Linked Ring de Londres e do grupo Das Kleeblatt. Destacou como retratista e polas súas imaxes de paisaxes. É autor de Die Technik der Lichtbildnerei (1921) e Heinrich Kühn, 1866-1944 (1976, edición póstuma).