Kuhn, Richard

Kuhn, Richard

(Viena 1900 - Heidelberg 1967) Bioquímico. Estudiou na Universidade de Múnic, onde se doutorou en 1922. Destacou polos seus estudios sobre as vitaminas A, B e H. Estudiou especialmente as diferentes substancias do complexo vitamínico B2, para as que introduciu o termo flavinas. En 1938 foille outorgado o Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre carotenoides e vitaminas, pero non o puido recoller ata 1949, porque Hitler non llo permitira.