Kurdistán

Kurdistán

Rexión do SO de Asia, de límites pouco precisos, dividida entre Turquía, parte de Armenia, N de Iraq, NO de Irán e unha pequena parte de Siria. É unha rexión montañosa con altitudes superiores aos 3.500 m, moi seccionada por profundas gorxas de difícil acceso que favoreceu o mantemento da comunidade kurda e as súas tradicións. Defensores da independencia nacional, os kurdos rexeitaron someterse ao poder dos soberanos que os dominaron, feito que provocou frecuentes rebelións locais. Trala derrota otomana na Primeira Guerra Mundial, os kurdos, apoiados pola Declaración Wilson (1918), que contemplaba a autonomía das nacionalidades non turcas que formaran parte do imperio, aspiraron á independencia, proposta polo Tratado de Sèvres (1920). O rexeitamento do líder nacionalista turco Kemal Atatürk e as diferencias tribais impedírono e polo Tratado de Lausanne (1923) o territorio kurdo fraccionouse entre Turquía, Siria, Iraq, Irán e Armenia. Os ingleses incluíron Mossul e Kirkūk, cos seus importantes xacementos petrolíferos, no novo estado árabe de Iraq en 1925. Nesta época reiniciáronse as sublevacións e as revoltas en Iraq (1925 e 1930) e en Turquía (1936). Durante a Segunda Guerra Mundial producíronse novas sublevacións kurdas en Iraq e trala guerra constituíuse en Irán a República de Mehabat (1946) co apoio da URSS. Despois do fracaso da República Mehabat, iniciouse unha loita armada en Iraq onde os kurdos, aglutinados por Mustafá Barzani, se sublevaron en 1966 e de novo entre 1968 e 1970. Reclamaban a lexitimación dos dereitos recoñecidos polo xeneral Kassem (ensino e uso da súa lingua, prensa propia e unha administración autónoma). A paz de 1970 que garantiu a amnistía dos rebeldes, estipulaba a inclusión de dirixentes kurdos no goberno de Iraq e concedeulles unha considerable autonomía, pero en 1974 o goberno de Bagdad deixou sen efecto este acordo. En marzo de 1975 o Tratado de Alxer, entre Iraq e Irán, pechou a fronteira para os rebeldes de ambos os dous países e puxo termo ao movemento revolucionario kurdo. En marzo de 1980 o goberno de Iraq creou unha asemblea lexislativa na rexión autónoma de Kurdistán que incluía os mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a autónomos de Hewlêr (Arbīl), Dihok (Dahūk) e Silêmanî (al- Sulemānīyā). Diversos sectores kurdos rexeitaron estas concesións polo seu carácter limitado e reclamaban unha maior autonomía e un territorio máis extenso. A instauración dunha república islámica en Irán (1979) e a nula atención do réxime ás reivindicacións autonomistas kurdas incrementaron as actividades da súa guerrilla, especialmente de ideoloxía comunista. Durante a guerra entre Irán e Iraq producíronse enfrontamentos entre os propios kurdos que apoiaban a réximes distintos. Mentres en Turquía, despois da chegada dos militares ao poder en 1980, produciuse un incremento dos choques e da represión contra o nacionalismo kurdo do Partiya Karkerên Kurdistan (PKK, Partido dos Traballadores do Kurdistán) de inspiración marxista-leninista e, desde 1984, iniciouse unha auténtica guerra no SL do país. O cesamento do fogo na Guerra Irano-iraquí en 1988 foi aproveitado polo goberno iraquí para reprimir indiscriminadamente unha sublevación do pobo kurdo, na que empregou armas químicas. Despois da Guerra do Golfo Pérsico (1991) a desfeita militar de Saddam Ḥ usayn favoreceu unha nova insurrección kurda, apoiada inicialmente por EE UU, pero despois do seu abandono foron derrotados por Saddam. A represión que seguiu obrigou a intervención da ONU, que impuxo unha franxa neutral na rexión fronteiriza con Turquía. Durante a década de 1990 os gobernos de Siria, Turquía, Iraq e Irán mantiveron políticas conxuntas de persecución e represión contra os kurdos, coordinadas mediante reunións de representantes gobernamentais cada seis meses. Mentres, en Turquía a loita entre o PKK e o goberno recruouse a partir de 1992 polas expectativas creadas despois da Guerra do Golfo. En novembro de 1993, o goberno de Turquía firmou con Siria, lugar tradicional de refuxio e apoio aos kurdos turcos, un protocolo de seguridade en relación co PKK. A ofensiva do goberno turco contra o PKK incluíu ataques contra o N de Iraq en marzo de 1995, nos que participaron máis de 35.000 soldados turcos apoiados por carros de combate e helicópteros, e campañas de limpeza étnica e deportacións masivas no SL de Turquía e culminaron coa captura en Kenya do seu líder, A. Ocalan (1999). En Iraq, Saddam Palatino; Ḥ usayn, emprendeu unha ofensiva contra a UPK co apopio do Partiya Demokrata Kurdistane (PDK-Iraq) entre finais de agosto e comezos de setembro de 1996. Este ataque supuxo a fin dun intento de autogoberno no Kurdistán iraquí. EE UU respondeu co bombardeo de instalacións militares iraquíes, pero os enfrontamentos prolongáronse ata 1998. En Siria os kurdos enfróntanse aos intentos dunha asimilación forzada polo goberno segundo o modelo árabe. Trala caída de S. Palatino; Ḥ usayn en Iraq e o establecemento dun goberno transitorio, a Constitución provisional iraquí, ratificada o 8 de marzo de 2004, recoñeceu a autonomía de Kurdistán e estableceu o kurdo, xunto co árabe, como idioma oficial do país.