kuru

kuru

(< voz de Nova Guinea, kuru ‘tremor’)

s m [PAT]

Enfermidade neurodexenerativa orixinada por un prión. Os humanos poden infectarse se inxiren tecido cerebral humano contaminado, feito que ocorría habitualmente en Nova Guinea, onde practicaban un tipo de canibalismo. Tarda sobre 30 anos en presentar os síntomas, despois do que se produce a morte do individuo.

Palabras veciñas

Kurrol, sal de | Kursk | Kursk | kuru | Kurume | Kurunegala | Kuš