Kuš
Kuš
Rexión de Nubia na época faraónica. Correspóndíase coa Alta Nubia e estendíase entre a cuarta e a segunda catarata do Nilo. O termo de Kuš apareceu por primeira vez nas fontes exipcias cara a 1970 a C. Durante o Segundo Período Intermedio (1786-1567 a C) aproveitando a invasión de Exipto polos hicsos constituíuse unha dinastía autóctona. Os faraóns da dinastía XVIII (1567-1320 a C), a primeira do Imperio Novo, recuperaron os territorios de Nubia perdidos e estableceron un vicerrei, denominado fillo real de Kuš, con autoridade sobre Uauat e Kuš. A dominación exipcia de Kuš rematou durante a dinastía XX (1200-1085 a C).