Kushān

Kushān

Dinastía tokharia establecida en Bactriana no s I fundada polo soberano Kujulakasa, que se enfrontou aos partos e conquistou o val de Kābul, Kāpīsā cara a 50 e Gāndhāra cara a 65. O seu fillo Vimakathpisa estendeu os seus dominios cara a rexión de Punjab e mantivo contactos con China e co Imperio Romano. O principal soberano da dinastía foi Kanishka que, entre 123 e 153, ampliou os seus dominios cara a Asia central e   India setentrional, e favoreceu a expansión do budismo.