kwashiorkor*
kwashiorkor*
Nome científico:
[kwa]
s
m
[MED]
Cadro grave de mala absorción por déficit proteico, que conduce a unha desnutrición por consumir de forma inapropiada as proteínas. Foi observado en países pobres que teñen un subministro limitado de alimentos. Maniféstase principalmente en nenos de seis meses a cinco anos, e a súa sintomatoloxía é anemia, dermatite, trastornos psíquicos e alteracións morfolóxicas e funcionais do fígado, páncreas e riles.