Kwasniewski, Aleksander

Kwasniewski, Aleksander

(Bialogard, Koszalin 15.11.1954) Político polaco. En 1978 integrouse no Polska Zjednoczona Partia Robotnicza (Partido Obreiro Unificado de Polonia, PZPR) e foi ministro de Deportes (1984) baixo a presidencia de Jaruzelski. En 1990 contribuíu á conversión do PZPR en Sojuszu Lewicy Demokratycznej (Alianza de Esquerda Democrática, SLD), do que foi nomeado o seu secretario xeral. En 1995 gañou as eleccións presidenciais e sucedeu a Lech Waéęsa (1996) como presidente da República, cargo no que foi reelixido en 2000 e desde o que impulsou o proceso de integración de Polonia nas estruturas políticas e económicas de Europa occidental.

Palabras veciñas

kwanza | Kwara | kwashiorkor* | Kwasniewski, Aleksander | KwaZulu/Natal | kWh | KWIC