KWIC

KWIC
[INFORM]

Tipo de índice permutado que se organiza por medios mecánicos para facer a escolla de palabras no contido, á hora de conseguir extractos dos títulos dos artigos das revistas que se manexan para preparar boletíns documentais. Así, obtense un índice de palabras clave no contexto. Represéntase dunha forma moi propia, colocando en columna as palabras clave no centro da páxina e en estrita orde alfabética, pero dentro do texto completo do título do artigo ao que pertence. Cada título aparece tantas veces como palabras clave ten.

Palabras veciñas

Kwasniewski, Aleksander | KwaZulu/Natal | kWh | KWIC | KWOC | kyat* | Kyd, Thomas