Kyoto
Kyoto
Capital do fu homónimo, na illa de Honshū, Xapón (1.461.974 h [1997]), situada ao S da illa, na chaira aluvial do Kamo. Capital imperial, foi fundada no s VIII polo Emperador Kwāmmu. Deu nome á época Heian (794-1185), cando o seu nome inicial era Heian-kyo. Foi residencia imperial ata 1868. Os monumentos históricos da antiga Kyoto (cidades de Kyoto, Uji e Otso) foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994.