ágora
ágora
(< gr ἀγοράde ἀγείρω ‘juntar, reunir’)
s
f
[HIST/URBAN]
Praza principal das cidades gregas antigas, centro de cultos relixiosos e da vida política. No s V a C era tamén mercado e centro comercial. Dende o s IV tivo un carácter central e monumental, a miúdo rodeada de pórticos. A máis coñecida é a de Atenas. Nas cidades romanas, o foro (forum) herdou moitas das súas características.