Ágora
Ágora
[PUBLIC]
Revista bilingüe subtitulada “Papeles de Filosofía” e aparecida en 1981. Dirixida na súa primeira época polo propio Departamento de Historia da Filosofía da Universidade de Santiago, ten como redactores a Carlos Baliñas, Esperanza Guisán e Xoán Vázquez, entre outros. Trátase dunha colección de estudios filosóficos e inclúe as seccións de “Estudios”, “Noticias”, “Notas y comentarios”, “Textos-Documentos”, “Revista-Libro” e “Entrevista”. Escriben sobre temas vencellados coa Filosofía Moral, Ética ou Lóxica. Na segunda época, iniciada en 1986 diríxena X. L. Barreiro Barreiro e Esperanza Guisán, e contan cun comité científico de profesores de filosofía españois e estranxeiros de recoñecido prestixio.