Alguer
Alguer
Nome científico: [nome oficial: Alghero]
Cidade e porto de Sardeña (Italia) no litoral NO da illa (38.316 h [1991]. A cidade aséntase nun pequeno promontorio da baía de Alguer. Antiga poboación sardo-ligur, a partir do 1372 foi repoboada por cataláns (tamén se lle chama a Barceloneta). Alguer foi a sede do goberno da Coroa de Aragón na illa ata 1718, cando polo Tratado de Londres, Sardeña pasa á soberanía de Víctor Amadeo II de Savoia. Na actualidade pervive un dialecto do catalán, o alguerés.