anel
(< lat anellu)
-
s
m
-
Peza de metal ou doutra materia resistente, en forma de círculo que se aplica a un obxecto envolvéndoo ou cinguíndoo.
Ex: Apertamos ben o anel para que non saíse do sitio.
Sinónimos: argola. -
Cada unha das pezas dunha cadea, dunha gramalleira, etc.
Ex: Ó romperse un dos aneis xa non puiden poñer a cadea no pescozo.
-
Aro pequeno que serve para soster algo.
Ex: Desprendeuse a cortina por mor do anel que rompeu.
-
[INDUM]
Pequeno círculo de ouro, prata ou outros metais, liso ou labrado, adornado ou non con pedras preciosas, esmaltes, etc, que se leva no dedo como adorno.
Ex: Regaleille antes da voda un anel de ouro con brillantes.
Sinónimos: sortella. -
Tira de papel coa que se envolve un cigarro.
Ex: A marca que aparece no anel do cigarro é americana.
-
-
s
m
Peza de ferro cuadrangular, cun gonzo que serve para subir e baixar a punta do arado e facer que se afunda máis na terra.
-
s
m
[ANAT]
-
Órgano, área ou materia de forma anular, como as aberturas que presentan certos músculos ou aponeuroses para dar paso a vasos, nervios, etc. No home distínguense, por exemplo, o anel crural, a abertura abdominal do conduto femoral; o anel traqueal, que é calquera das cartilaxes traqueais; o anel umbilical, na abertura da parede abdominal para dar paso ao cordón umbilical, etc.
-
Cada un dos segmentos que compoñen o corpo dos anélidos e o esqueleto externo dos artrópodos.
-
-
s
m
[ARQUIT]
-
Moldura que rodea os fustes das columnas.
-
Cornixa na que se apoia a cúpula.
-
-
s
m
[BOT]
Aro que circunda o pé dos cogomelos nalgunhas especies de fungo. Constitúe un resto do veo que recobre nun principio estas frutificacións.
-
s
m
[ENX/QUÍM]
Elemento básico do recheo dunha columna. A función dos aneis é proporcionar un recheo coas características desexadas de superficie específica, perda de carga e mollabilidade. Normalmente, as dimensións do anel son de 1/10 do diámetro da columna. Os materiais máis utilizados para facer aneis son a cerámica, o aceiro inoxidable e o vidro, pero agora tamén se pode recorrer a outros materiais como o carbón ou o plástico.
-
s
m
[IND]
Nas bombas e motores hidráulicos de paletas, peza que ten un contorno interior de forma especial, xeralmente circular ou ovalada, sobre a que se aplican constantemente as paletas cando o aparello funciona correctamente.
-
s
m
[INFORM]
-
Páxina web que funciona como centro de recursos sobre un tema determinado, indicando as ligazóns a outras páxinas que tratan este mesmo tema, a cambio de que as mesmas inclúan unha ligazón cara ao anel. Habitualmente informa as persoas asociadas das altas e novidades por medio dun boletín electrónico. En Galicia existen dous aneis de páxinas relacionadas co país e vinculadas fundamentalmente á emigración, aínda en fase de ampliación: o Anel da Galeguidade e o Anel de Irmandade Galega. Os aneis constitúen unha das formas para a construción dunha comunidade virtual galega na rede.
-
Rede informática pechada.
-
-
s
f
[MAR]
Argolas empregadas no aparello do cerco para introducir por elas a xareta e así poder pechar o cope.
-
s
m
[MAT]
Estrutura alxébrica formada por un conxunto e dúas operacións, a adición (+) e a multiplicación (x) que presentan as seguintes propiedades: a) a adición é conmutativa; b) a multiplicación é asociativa; c) a multiplicación é distributiva respecto á adición.
-
s
m
[QUÍM]
Cadea pechada de átomos. Os aneis, chamados tamén ciclos, poden estar formados por un número ilimitado de átomos. En química orgánica, os aneis de 3 a 7 átomos chámanse pequenos, os de 8 a 14 medianos e os de máis de 14, grandes. Os átomos dun anel poden ser todos do mesmo elemento (compostos homocíclicos) ou de máis dun elemento (compostos heterocíclicos) e poden estar situados todos nun mesmo plano (caso dos compostos orgánicos aromáticos) ou en planos diferentes. Unha mesma molécula pode conter distintos aneis que poden ter un ou máis átomos en común. Cando dous aneis teñen un só átomo en común, a súa unión chámase espiránica; cando teñen dous en común, os aneis chámanse condensados. A presenza ou ausencia de aneis permite clasificar as substancias orgánicas en alifáticas (de cadea aberta) e cíclicas (con polo menos un anel na súa molécula). A formación dun anel chámase ciclación.
-
s
m
[TÉXT]
Nas máquinas continuas de fiar e de retorcer, círculo de aceiro ou, modernamente, de metal sintetizado e impregnado de lubrificante, fixado no balanceiro, concéntrico coas púas, normalmente de sección en dobre T, e empregado para guiar o corredor.
-
[AERON]
Especie de carenado para motor radial de aviación deseñado pola NACA en forma dunha protección circular unida ao motor para mellorar as características aerodinámicas.
-
[ANAT]
Conxunto de conexións nerviosas que unen os ganglios cerebroides cos subesofáxicos; está presente na maioría dos animais invertebrados.
-
[ARQUEOL]
-
anel basal periférico/perimetral
Elemento arquitectónico que aparece nalgunhas mámoas. É unha estrutura construída con pequenos bloques de cuarzo branco ou outro material lítico que delimitan o perímetro tumular a rentes do chan situado diante da estrutura dolménica. Aparecen aneis basais nas seguintes antas: Cova da Moura (Argalo), mámoa 6 dos Campiños (Leiro), varias mámoas do Marco do Camballón (Oirós), Monte Mon (Poio) ou Pedra da Xesta (Barbanza). A función práctica dos aneis basais sería a de contrarrestar a erosión da masa tumular e o conseguinte deslizamento de terras. Segundo algúns investigadores podía tratarse dun anel protector de carácter sagrado que delimitaría o espazo funerario; sen embargo, o feito de que non apareza en todas as mámoas suscita algúns problemas nesta hipótese.
-
anel central
Elemento arquitectónico que aparece nalgunhas mámoas. É unha estrutura construída con pequenos bloques líticos que ocupan unha posición central no conxunto tumular. A función práctica dos aneis centrais non está definida; sen embargo, á luz do concepto de “arte para non ser vista” vénse interpretando como elemento arquitectónico destinado a ser apreciado non polos vivos, senón polos mortos ou potencias sobrenaturais.
-
anel interior
Elemento arquitectónico que aparece nalgunhas mámoas. É unha estrutura lítica que serve de apoio ás caras externas dos chantos da anta.
-
anel basal periférico/perimetral
-
[ARQUIV]
Anel sixilar ou selo anular.
-
[ARQUIV]
Anel sixilar utilizado polo Papa dende o s XIII para autenticar os breves pontificios.
-
[ARQUIV]
Anel cun relevo ou incisión no metal ou nunha pedra dura engastada, co distintivo dunha persoa, que serve como matriz para imprimir o selo e autenticar cartas e documentos.
-
[ASTRON]
Tipo de astrolabio náutico simplificado. A 45° do anel tiña un burato polo que, ao observar a altura dun astro, os raios deste chegaban á cara interior onde había unha gradación de 0 a 90 que correspondía a 180°. Nesta gradación líase a altura do astro. Foi pouco usado e resultaba pouco preciso.
-
[BOT]
Aneis concéntricos, alternativamente claros e escuros, visibles nas seccións transversais dos troncos das árbores. Son produto da periodicidade estacional na actividade do cambium que nas zonas extratropicais forma, na primavera, traqueidas anchas e finas de aspecto xeral claro e, no verán, traqueidas aplanadas e grosas de apariencia escura. Os aneis permiten coñecer a idade da árbore e as flutuacións ambientais que soportou.
-
[BOT]
Nos esporanxios de moitos fentos, ringleira anular de células de membranas radiais e internas grosas que unha vez secas se contraen, rompen a cuberta do esporanxio e liberan as esporas.
-
[ENX]
Nas turbinas hidráulicas, peza que serve para transmitir simultaneamente, a través dun xogo de pancas e bielas, un mesmo ángulo de rotación a todas as directrices do distribuidor mediante a propia rotación arredor do eixo da máquina.
-
[FÍS]
Aneis causados pola interferencia dos raios luminosos procedentes da difracción que sofre a luz dun foco luminoso ao pasar a través dun diafragma circular de diámetro moi reducido. Se a luz é monocromática, a interferencia maniféstase por medio de aneis iluminados separados por aneis sombreados; se é branca, os aneis son irisados.
-
[FÍS]
Fenómeno de interferencia da luz. Maniféstase por unha serie de aneis concéntricos, alternativamente claros e escuros, observables no plano focal dunha lente converxente, cando se fai incidir nela os raios que proveñen da reflexión dun foco extenso de luz monocromática nas dúas caras dunha lámina de vidro de grosor uniforme.
-
[FÍS]
Aneis concéntricos iridiscentes que se observan ao redor do punto de contacto dunha lente plano-convexa de gran radio cunha superficie de vidro perfectamente plana. Son a manifestación da interferencia que producen entre si as radiacións de luz branca cando atravesan ou se reflicten nunha lámina moi fina e transparente de caras non paralelas.
-
[FÍS]
Acelerador de partículas no que se fan chocar moreas de partículas de sentidos contrarios. Se se provocan colisións entre partículas de cargas opostas (electrón-positrón, protón-antiprotón) ou ben entre partículas iguais (electrón-electrón, protón-protón), conséguese que a enerxía dispoñible sexa a máxima posible, é dicir, a suma das enerxías das partículas que colisionan. Fálase de aneis de colisión propiamente cando colisionan partículas de carga diferente e o dispositivo é basicamente un sincrotón no que os feixes de partículas percorren os dous sentidos contrarios; fálase dun anel de intersección cando chocan feixes de partículas da mesma carga e consiste en dous tubos de aceleración que se entrecruzan nas zonas de detección onde se producen as colisións. Estes dispositivos chámanse tamén aneis de almacenamento.
-
[FÍS]
Imaxe real do obxectivo dada polo ocular nos telescopios e microscopios.
-
[IND/ARTE]
Armadura que fai que todos aqueles accesorios, tipo filtros, que queiran ser empregados sobre obxectivos de diferentes diámetros, poidan ser adaptados.
-
[IND/ARTE]
Dispositivo que permite enfocar con forma de retícula circular constituída con microprismas. A imaxe descomponse cando non está perfectamente enfocada.
-
[MAT]
-
anel conmutativo
Anel no que a multiplicación é conmutativa.
-
anel de Boole
Anel conmutativo unitario (A, +, ·) no que todo elemento é idempotente: x 2 = x · x = x. O seu estudio é equivalente ao das álxebras de Boole.
-
anel conmutativo
-
[MAT]
Anel no que un produto só pode ser cero se polo menos un dos factores tamén o é.
-
[MAT]
Sólido producido pola rotación dun segmento de círculo arredor dun diámetro deste círculo que non corta o segmento.
-
[RELIX]
Anel que, xa dende o s VII, forma parte das insignias dos bispos.
-
[TECNOL]
Colector en forma de espira pechada que asegura o contacto entre unha das cabezas dun circuíto móbil e o seu borne correspondente.
-
[TECNOL]
Resalte periférico traballado nunha árbore ou anel adaptado a esta que serve para proxectar o aceite de engraxar (que flúe pola superficie da árbore) contra un cárter que desempeña as funcións de cubeta de recuperación. Os aneis deflectores axudan a impedir fugas de aceite polos prensaestopas.
-
[TECNOL]
xunta.
-
[TECNOL]
Anel condutor que envolve un condensador ou, en certos casos, condutor destinado a asegurar unha distribución uniforme de potencial sobre a súa superficie, evitar correntes de fuga, etc.
-
[TECNOL]
Núcleo anular do ferro doce, laminado ou en aramio, ao redor do que se enrolan as bobinas inducidas do mesmo nome e ás que serve de núcleo nalgunhas máquinas de indución.
-
[TECNOL]
Anel que, colocado nun oco da parte superior dunha chumaceira, se somerxe parcialmente nun depósito de aceite situado na base da chumaceira, lubrificándoo ao xirar movido pola árbore.
-
[TECNOL]
Anel metálico aberto que, por deformación elástica, pode introducirse na regaña mecanizada sobre a periferia dun eixo (anel de exteriores) ou na dun aloxamento cilíndrico (anel de interiores), impedindo o movemento axial relativo entre dúas pezas.
-
[TECNOL]
Nas chumaceiras de rodamento, cada un dos corpos metálicos, exteriores ou interiores, provistos dunha ou de diversas superficies que serven de pista aos elementos rodantes (bólas, carretes ou agullas). Na tradición popular recóllense expresións deste tipo: “Anelo no dedo, honra sen proveito; Anque perdín os anelos, inda me quedan os dedos; Ben cabe un bo anelo nun pequeno dedo; Cando che dean o anelo, prepara o dedo”.
Frases feitas
-
Caer os aneis. Non querer facer algo porque se considera humillante ou indigno. Ex: Non che van caer os aneis por acompañar a túa avoa ao médico!
-
Vir como anel ao dedo. Que aparece no intre xusto, cando é necesario. Ex: Este xersei para o frío vénme como anel ao dedo.