argola
(< ár al-gulla ‘colar, anel’)
-
s
f
Aro groso de ferro ou doutro metal.
Confrontacións: anel, arandela, anel. -
s
f
-
Peza de metal, madeira ou outro material resistente, en forma de círculo, que serve xeralmente para reter ou amarrar algunha cousa.
-
Peza circular que, cravada na terra, nunha parede ou porta serve, mediante unha corda, unha cadea ou gancho para suxeitar unha besta ou amarrar un barco ao peirao.
-
Peza circular que, fixada nun peso, caixa ou utensilio calquera, serve para suxeitalo ou penduralo.
-
-
s
f
Peza circular de ferro fixada na parte exterior da porta que serve para chamar e para tirar dela ao pechala.
Confrontacións: aldraba, petador. -
s
f
Peza en forma de anel con parafuso ou cravo para inserila no ferrollo.
Sinónimos: armela. -
s
f
[CONSTR]
Peza de ferro que serve para unir táboas grandes en substitución dunha simple atadura con cordas. Componse de dous pasamáns de ferro provistos de buratos para facer pasar por aí os parafusos.
Sinónimos: brida. -
s
f pl
[DEP]
Aparello ximnástico empregado para practicar exercicios de suspensión e sostemento que consta de dous aneis de madeira pulida, de 18 cm de diámetro e de 28 ou 30 mm de groso, que penduran de dúas cordas fixadas ao teito ou a unha barra horizontal.
-
s
f
[HIST/DER]
-
Pena aplicada na Idade Media aos delincuentes. Consistía en expoñelos publicamente cunha argola ao pescozo que os suxeitaba á picota na praza pública.
-
Pena que se aplicaba facendo transitar ao reo cunha argola ao pescozo, mentres os oficiais de xustiza levaban as cadeas.
-
Medida preventiva que ten como obxecto ter presa a unha persoa, tanto nas prisións públicas como nas alcaldías e nos castelos, con cadeas e ferradas por medio de argolas ao pescozo, ao van ou ás extremidades.
-
Sinal de xurisdición señorial representada por unha argola para suxeitar os presos, fixada a unha picota ou columna na entrada dalgunhas vilas e cidades, ou mesmo na praza pública.
-
-
s
f
[INDUM/IND]
Peza tubular, xeralmente de lata, que se coloca dentro do zapato para poder pasarlle a man por dentro e coser o calzado.
-
s
f
[XOGO]
Xogo no que se fai pasar unhas bólas de madeira por un aro cravado na terra.
-
argola de Gravesande
[FÍS]
Peza metálica pola que pasa moi xusto unha esfera metálica a temperatura ambiente e non cando está quente. Demostra de xeito evidente a dilatación dos corpos pola calor.
-
argola de sementar
[MICROB]
Pequena argola de platino, suxeita a un mango e utilizada en microbioloxía para sementar microorganismos nun medio de cultivo.
Frases feitas
-
Ter boa argola. Ter influencia ou capacidade para facer algo.