arandela

arandela

(< fr rondelle < lat*rotundella < rotundu ‘redondo’)

  1. s f

    Disco perforado no centro, empregado para fixar mellor parafusos, puntas, etc.

    Ex: Colocaron as arandelas unha a unha na peza desa máquina.

    Confrontacións: anel, argola, anel.
  2. s f

    Disco perforado no centro que forma parte da cociña de leña e serve para pór enriba a tixola ou as tarteiras para cociñar.

  3. s f

    Calquera disco cun burato no medio.

    Sinónimos: anel, argola, anel.
  4. s f

    Disco do candeeiro onde se recolle a cera que derrama a candea ao arder.