brida

brida

(

  1. s f

    Freo ou bocado do cabalo, mulo, etc, que suxeita a cabeza do animal e as rendas na condución das cabalerías.

    Ex: Temos que axustar as bridas do cabalo.

  2. s f

    Cinta, cordón ou correa semellante á brida pola súa forma ou utilización.

    Ex: Ata ben as bridas do sombreiro.

    Sinónimos: fita.
  3. s f

    Peza de ferro que, á maneira dun estribo, serve para soster a cabeza dunha táboa, dunha viga, etc.

  4. s f [ETN]

    Lamia de ferro que recobre a roda do carro e que vai colocada na camba.

    Ex: As bridas da roda do noso carro xa van gastadas.

  5. s f [PAT]

    Adherencia patolóxica en forma de filamento ou membrana que se establece, xeralmente, como consecuencia dalgún proceso inflamatorio. Son frecuentes as traumáticas, orixinadas especialmente por queimaduras; as abdominais, que poden dar lugar a unha estrangulación intestinal, e as que se establecen entre o feto e o amnio, responsables de malformacións graves.

  6. s f [TECNOL]
    1. Correa, corda ou tira de metal que une as diferentes pezas entre si para limitar o seu desprazamento relativo, ou que fixa unha peza ou unha ferramenta a unha máquina.

    2. Peza plana de forma circular ou ovalada, colocada nun parafuso, que ensambla dous tubos nos seus extremos.

      Sinónimos: platina.
    3. Peza metálica en forma de ponte, atravesada polo medio por un parafuso que fixa a táboa a unha máquina-ferramenta cun dos seus extremos apoiado sobre un reforzo, mentres que o outro fixa a peza coa que se traballa contra a táboa, inmobilizándoa.

  7. s f [TÉXT]
    1. Cordón ou combinación de cordóns cunha agarradeira de madeira que, no tear de man, servía para imprimir movemento á lanzadeira.

    2. Nos teares de pao, correa que vai de caixa a caixa e que serve para aminorar o impulso da lanzadeira ao entrar na caixa.

Palabras veciñas

brickfielder* | bricolaxe | bricomanía | brida | bridado | bridar | Bridas, Las