Bridas, Las
Bridas, Las
Restaurante vigués, fundado en 1976 e dirixido por Carlos Lemos. Forma parte da Asociación de Restaurantes Gallegos Lareira. Destaca pola súa cociña heteroxénea, de inspiración galega, con influencias principalmente lusas, froito da estadía do seu rexente en Lisboa. Promove diversas actividades hostaleiras que inclúen un servizo de catering de calidade e a rexencia da Pousada de Soutomaior.