bridge*
-
s
m
[MÚS]
Período de oito compases dentro dun tema de trinta e dous, do tipo AABA. Comeza a primeira frase de 8 compases (A), que se repite (A); logo introdúcese unha nova frase, bridge ou punto (B), e, finalmente, repítese novamente o período inicial.
-
s
m
[XOGO]
Xogo de cartas que se realiza cunha baralla francesa de cincuenta e dúas cartas entre dous equipos de dous xogadores e no que un dos xogadores determina o trunfo establecendo un punto (bridge) co seu compañeiro de xogo. É o resultado da evolución do antigo whist modificado no s XIX. Repártense trece cartas das que o valor decrece a partir do as. Valóranse os paos regulamentariamente, de acordo coa seguinte orde: picas, corazóns, diamantes e trevos. A estratexia do xogo está na poxa ou contrato, fase da partida na que se anuncia o número de bazas que se compromete un a facer, calculado en función do xogo propio, do xogo do compañeiro, e da previsión do comportamento dos adversarios. É o único xogo de cartas regulamentado internacionalmente e baixo o control dunha federación mundial que conta con milleiros de adeptos.