antigo -ga
(< lat antīqŭu)
-
adx
Que existe dende unha época anterior, que non é novo ou recente.
Ex: Esa xoia que loce no seu pescozo é moi antiga.
-
adx
Que existiu ou sucedeu nun tempo xa transcorrido ou nunha época remota.
Ex: Os restos do Home de Orce son unha representación moi antiga da presenza humana en Europa.
Antónimos: actual. -
adx
Que pertence ao xeito de facer ou de actuar dunha época anterior.
Ex: Os métodos pedagóxicos que empregan nese colexio son moi antigos.
-
adx
Que ten unha categoría ou representación e que forma parte dunha corporación, comunidade, entidade profesional, clase social ou militar que xa levan moito tempo desempeñando un cargo ou función.
Ex: Os antigos alumnos do colexio déronlles a benvida ós novos.
-
s
[HISTORIOG/CRON]
Pertencente ao período histórico denominado Antigüidade.
Ex: Os antigos pensaban que o mundo era plano.
-
[GRÁF]
Termo empregado na clasificación das letras por Thibaudau. Caracterízase polo grosor uniforme dos trazos da letra. Recibe tamén o nome de pao seco ou grotesca.
Frases feitas
-
Á antiga loc adv Ao xeito de antano. Ex: A película rodouse á antiga.
-
De antigo/dende antigo loc adv Dende tempos antigos. Ex: As súas diferencias xa veñen de antigo.