aquí
(< lat eccum + hic)
-
adv l
Neste lugar, sinalando de modo preciso o punto exacto onde se encontra algo ao que se está a facer referencia. Diferénciase de acá en que mantén o mesmo significado pero dun modo máis impreciso, e de acó que se emprega con verbos de movemento. OBS: Precedido das preposicións por, de e ata indica o lugar preciso no que se atopa o emisor e o momento ou situación actual.
Ex: Cando te chame, ven aquí de contado. Ata aquí todo é correcto.
-
adv l
Neste lugar, indicando proximidade á persoa que fala ou espazo no que se inclúe o falante.
Ex: Aquí enriba non hai nada. Eu agocheino por aquí.
-
adv
No momento ou punto actual, xeralmente marcando o principio ou fin dun espazo de tempo. OBS: Precedido das preposicións por, de e ata indica o lugar preciso no que se atopa o emisor e o momento ou situación actual.
Ex: Ata aquí non choveu tanto como esperabamos. De aquí a vinte días teremos un coche e un apartamento novo.
Frases feitas
-
Aquí está o allo e o toque de negocio. Velaquí o miolo da cuestión.
-
De aquí a loc prep Indica o punto temporal ou espacial que se toma como referencia e que vai ata un límite. Ex: De aquí a que volvas, han pasar moitas cousas. CFR: deica.
-
Aquí hai mácula. Expresión de desconfianza.
-
Aquí o puxen, aquí non o puxen. Emprégase cando alguén anda con desculpas.
-
De aquí ao mar todo é terra. Expresión que indica que en todos os lugares pasa o mesmo, nada cambia.
-
De aquí para alá/aquí e alí. Indica que non existe un lugar fixo de residencia ou que sempre anda dun lugar para outro. Ex: O seu traballo obrígalle a andar de aquí para alá. Están aquí e alí, nunca paran.
-
De aquí. Deste lugar ou país. Ex: O acento dese rapaz demostra que non é de aquí.