aquí
(< lat eccum + hic)
-
Revista militar aparecida en marzo de 1960 de periodicidade irregular que cesou no número tres nese mesmo ano. Subtitulada “Revista de la Hermandad de Alféreces Provisionales de Orense”, aparecían como redactores: Emilio Nogueira, Celestino A. Minguela, Luciano Cárcamo e Luís de Ulloa. Contiña información militar, asesoría xurídica, poesía, propaganda sobre o Réxime, e unha sección fixa chamada “Página del humor”. Despois desta etapa, pasou a titularse Oro y negro.
-
adv l
Neste lugar, sinalando de modo preciso o punto exacto onde se encontra algo ao que se está a facer referencia. Diferénciase de acá en que mantén o mesmo significado pero dun modo máis impreciso, e de acó que se emprega con verbos de movemento. OBS: Precedido das preposicións por, de e ata indica o lugar preciso no que se atopa o emisor e o momento ou situación actual.
Ex: Cando te chame, ven aquí de contado. Ata aquí todo é correcto.
-
adv l
Neste lugar, indicando proximidade á persoa que fala ou espazo no que se inclúe o falante.
Ex: Aquí enriba non hai nada. Eu agocheino por aquí.
-
adv
No momento ou punto actual, xeralmente marcando o principio ou fin dun espazo de tempo. OBS: Precedido das preposicións por, de e ata indica o lugar preciso no que se atopa o emisor e o momento ou situación actual.
Ex: Ata aquí non choveu tanto como esperabamos. De aquí a vinte días teremos un coche e un apartamento novo.
Frases feitas
-
Aquí está o allo e o toque de negocio. Velaquí o miolo da cuestión.
-
De aquí a loc prep Indica o punto temporal ou espacial que se toma como referencia e que vai ata un límite. Ex: De aquí a que volvas, han pasar moitas cousas. CFR: deica.
-
Aquí hai mácula. Expresión de desconfianza.
-
Aquí o puxen, aquí non o puxen. Emprégase cando alguén anda con desculpas.
-
De aquí ao mar todo é terra. Expresión que indica que en todos os lugares pasa o mesmo, nada cambia.
-
De aquí para alá/aquí e alí. Indica que non existe un lugar fixo de residencia ou que sempre anda dun lugar para outro. Ex: O seu traballo obrígalle a andar de aquí para alá. Están aquí e alí, nunca paran.
-
De aquí. Deste lugar ou país. Ex: O acento dese rapaz demostra que non é de aquí.