axio

axio

(< it aggio)

  1. s m [ECON]
    1. Beneficio obtido grazas ao alto prezo que acadan frecuentemente certos bens (divisas, materias primas, valores de bolsa, etc), sometidos a fortes e imprevisibles flutuacións.

    2. Cantidade que cobra o banco en concepto de xuros e comisións no desconto de letras.

    3. Beneficio obtido pola sobrevaloración que experimentan os activos monetarios dunha empresa.

  2. [ECON]

    Teoría do xuro que o explica como un prezo pagado pola inmediata posesión de bens ou capital que doutro xeito só se podería acadar nun futuro. Esa inmediata posesión deséxase para aumentar o beneficio dunha actividade produtiva ou para satisfacer as necesidades presentes que, en xeral, son sobrevaloradas en relación coas necesidades futuras.

Palabras veciñas

axiña | Axinella | axinita | axio | axio- | axioloxía | axiolóxico -ca