Burlada
Burlada
Municipio da Comunidad Foral de Navarra, situado ao L de Iruña-Pamplona, na marxe esquerda do río Arga (15.366 h [1996]). Está integrado na área urbana de Iruña-Pamplona, coa que mantén estreitos vínculos funcionais. Atópanse neste concello mananciais de aguas minerais. É un punto xacobeo de gran relevancia, atravesado polo camiño navarro de peregrinación a Santiago.