catro

catro

(< lat quattŭor)

  1. cuant

    Número cardinal que equivale a tres máis un.

    Ex: Levan catro anos de noivos e non pensan casar. 

  2. adx

    Que ocupa o cuarto lugar nunha serie. OBS:Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a cuarto.

    Ex: Chegou de catro e non recibiu ningún premio. Para exercer o voto debe dirixirse á mesa catro. 

  3. s m

    Representación gráfica dese número. OBS:Na numeración arábiga represéntase por 4 e na romana por IV.

    Ex: A miña casa é o número 4. 

  4. s m

    Catro marcas ou figuras de calquera tipo que indican ese número nun obxecto.

    Ex: Co catro de ouros gañoulle a partida. Botou a rodar o dado e saíulle o catro. 

  5. cuant

    Que indica unha pequena cantidade indeterminada de algo.

    Ex: Vendeu as terras por catro patacos. Aínda que caeron catro gotas despois fixo sol. Para catro ovellas que ten non fai máis que fachendear da súa facenda. 

  6. s f

    Cuarta hora despois das doce da noite ou do mediodía. OBS:Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.

    Ex: A festa de aniversario celebrouse ás catro. 

  7. [MÚS]

    Aplícase ás pezas para piano ou para outros instrumentos de teclado que poden ser interpretadas por dúas persoas nun mesmo instrumento.

  8. [XEOG]

    Problema proposto por F. Guthrie a A. De Morgan en 1852 para demostrar que catro cores diferentes eran suficientes para colorar calquera mapa, é dicir, calquera división dun plano ou dunha esfera en rexións, de maneira que as rexións con fronteira común tivesen coloracións diferentes. En 1976 K. Appel e W. Haken demostraron coa axuda do ordenador que non era posible.

Frases feitas

  • Dicir catro frescas. Dicir a verdade con claridade. Ex: Alí, diante de todos, díxolle as catro frescas e nin sequera lle replicou.

  • Máis de catro. Moitos.