Catreu, O
Catreu, O
[PUBLIC]
Revista subtitulada “Espacio aberto ao descanso”, orientada ao mundo da creación. O consello de redacción estaba integrado por Carlos Alonso, Pablo Cardoso, Xan Hermida, Flint de Hokkaido Club, Carlos Pérez e Anxo Terán. Incluía unha ampla variedade de contos, como “O exterminador”, de Gui Bobillo ou “Edadrebil”, de Flint; poemas como “Submarinismo no adro”, de Xoque Belial e “A imaxe escrita”, de Eu; e traducións de antoloxías de Bily Childish (En carne viva) ou de Manuel Bandeira.