conclusión

conclusión

(< lat conclusiōne)

  1. s f

    Acción e efecto de concluír ou concluírse.

    Ex: A conclusión do expediente foi desfavorable. A conclusión das vacacións é traumática para moita xente. 

    Sinónimos: remate, fin, fin. Antónimos: inicio, principio, comezo.
  2. s f

    Idea, afirmación ou parte final coa que se remata unha disertación, unha conversa, etc.

    Ex: Ó final da exposición fixo unha serie de conclusións sobre o tema que tratara. 

  3. s f

    Resultado ao que se chega despois de discutir ou razoar sobre un determinado asunto.

    Ex: Aínda que falaron sobre o tema non chegaron a ningunha conclusión. 

  4. s f [DER]

    Afirmación numerada realizada polas partes dun proceso acerca das circunstancias da causa e da afectación dos seus intereses. No proceso civil, as conclusións pechan a fase declarativa anterior á sentencia. No escrito de conclusións as partes, en parágrafos numerados, analizan os feitos e as probas practicadas, así como se manteñen ou non as súas pretensións. Cada un dos parágrafos do escrito é unha conclusión. No proceso penal as conclusións identifícanse co escrito de cualificación, no que, concluída a fase de instrución e antes de entrar na fase oral ou decisoria, as partes acusadoras deben formular acusación nas súas conclusións. Existen tres tipos de conclusións no procedemento penal: alternativas, subsidiarias unhas das outras no escrito de cualificación; definitivas, as que sosteñen as partes despois do xuízo oral; e provisionais, as que preceden á práctica da proba no xuízo oral. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

  5. s f [PEDAG]

    Punto ou tese que nas escolas de filosofía se sostén contra as obxeccións do adversario. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

  6. s f [FILOS]

    Proposición que se deduce doutras proposicións, coñecidas como premisas.

  7. s f [MÚS]

    Terminación melódica, rítmica e harmónica dun fragmento ou dunha peza musical.

Frases feitas

  • En conclusión. En resumo, finalmente. Ex: Temos o traballo moi atrasado; en conclusión, quedaremos sen vacacións."

Palabras veciñas

concluír | conclusio* | conclusión | conclusión | conclusivo -va | concluso -sa | conco