corenta

corenta

(< lat quadragĭnta)

  1. cuant

    Número cardinal que equivale a trinta e nove mais un. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ata os corenta, ben paso; despois dos corenta, ai, meu brazo!, ai, miña perna!”.

  2. adx

    Que ocupa o lugar número corenta nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a cuadraxésimo.

  3. s m

    Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 40 e na romana por XL.

  4. f [XOGO]

    Corenta puntos que gaña o xogador que reúne o rei e o cabalo (ou sota) do pau de trunfos no xogo do tute. OBS: Sempre se utiliza precedido do artigo as e, frecuentemente, cos verbos cantar ou facer.

    Ex: Cantou as corenta en bastos e gañou a partida. 

  5. [RELIX]

    Adoración do Santísimo Sacramento durante corenta horas (distribuídas en tres días) en lembranza das horas pasadas por Xesús dentro do sepulcro. A súa práctica difundiuna Clemente XII a toda a Igrexa Católica (1731).

Frases feitas

  • Cantarlle/Acusarlle as corenta a alguén. Dicirlle a alguén claramente e sen reparos o que se pensa. Ex: Por chegar tan tarde á casa, súa nai cantoulle as corenta.

Palabras veciñas

COREN | coreño -ña | corenta | corenta | corentena | corentón -na | Corenzio, Belisario