Corpo di

Corpo di
Nome científico: [CTV]

Conxunto de tropas italianas que loitaron a favor do xeneral Franco durante a Guerra Civil española (1936-1939). Os primeiros continxentes chegaron en setembro de 1936 ao mando do xeneral Roatta ata a toma de Málaga en febreiro de 1937. Derrotados en Guadalajara en marzo de 1937, actuaron en Euskadi e Catalunya dirixidos polos xenerais Bastico, Berti e Gambara. Sen contar a aviación, reuniron uns 60.000 homes e sufriron unhas 14.000 baixas, entre mortos e feridos. A finais da guerra houbo unidades mixtas formadas por italianos e españois: Frecce Nere (Frechas Negras), Frecce Azzure (Frechas Azuis) e Littorio.