culpa

culpa

(< lat culpa)

  1. s f
    1. Falta máis ou menos grave cometida voluntariamente.

      Ex: Ten catro culpas pendentes ante a xustiza. 

    2. Reponsabilidade, voluntaria ou involutaria, de ser o causante dun suceso ou acción. Na tradición oral recóllense ditos como: “A culpa do burro botáronlla á albarda. O que foi pola túa culpa non ten desculpa. Non vai ausente sen culpa nin presente sen desculpa”.

      Ex: A culpa do fracaso escolar é do sistema educativo e do ambiente familiar negativo. Ninguén tivo a culpa de que perdeses o avión. O atasco tivo a culpa de que non chegase a tempo. 

  2. s f [RELIX]

    Pecado por acción ou omisión voluntaria contra a lei de Deus.

  3. s f [DER]

    Acción ou omisión contraria ás normas de dilixencia ou prudencia comúns, sen mala fe nin vontade de causar dano, malia que se actúe consciente e voluntariamente. Cando unha obriga non exprese as dilixencias coas que se debe observar o seu cumprimento, deberase esixir a que corresponde a “un bo pai de familia”. Segundo a intensidade, a culpa pode ser leve, grave ou moi grave. A culpa contractual prodúcese cando hai unha omisión da dilixencia esixida pola natureza da obriga, e a culpa extracontractual xérase cando a causa un dano non derivado da existencia dun vínculo contractual anterior, pero que comporta responsabilidade e deber de indemnizar os prexuízos ocasionados.

  4. s f [DER]

    Acción ou omisión, realizada de forma consciente ou voluntaria, sen atender á natureza da obriga, da que deriva un resultado de dano non previsto polo culpable pero penado pola lei. Dá lugar á esixencia de responsabilidade civil polos prexuízos causados e á aplicación dunha pena.

Frases feitas

  • 1 Ser a causa dalgunha cousa. Ex: Por culpa do teu irmán enfermou o rapaz.

  • Botar a(s) culpa(s). Atribuír a alguén ou a algo a causa dalgunha cousa. Ex: Aínda non sabía quén rompera o floreiro, pero xa me botou as culpas.

  • 2 Coa finalidade de. Ex: Fun a Ourense por culpa de arranxar uns papeis.

  • Por culpa de loc prep

Palabras veciñas

culminícola | culombio | culpa | culpa | culpabilidade | culpable | culpar