despois

despois

(< lat de ex post)

  1. adv

    Indica que algo é posterior no tempo ou no espacio.

    Ex: Pola mañá choveu sen parar e despois abriu o día. Primeiro está o teu despacho e despois está o meu. OBS: Cando fai referencia ó tempo pode empregarse seguido da prep de (A festa comezou despois das oito do serán) e/ou das conxuncións ca ou que (Ti vas despois ca min. Vas onda el despois de que remates o traballo). 

    Antónimos: antes, antes.
  2. adv

    Indica que algo é posterior na orde, xerarquía ou preferencia.

    Ex: Na carreira de onte primeiro chegou Antón e despois Brais. Primeiro vai el e despois ti. 

    Antónimos: antes, antes.
  3. adv

    Cando segue certos substantivos que expresan tempo, como ano ou día, ten valor adxectival equivalente a ‘seguinte ou inmediatamente posterior’.

    Ex: O ano despois do casamento tiveron o seu primeiro fillo.

Frases feitas

  • Despois de que loc conx A pesar de. Ex: Despois do que o axudei nin me saudou.

  • Despois de todo Ao final. Ex: Despois de todo, non hai nada que facer.