antes

antes

(< lat ante ‘diante,antes’)

  1. adv t

    Denota prioridade no tempo, anterioridade.

    Ex: Hai que chegar antes para rematar o traballo a tempo. Antes a xente vivía maioritariamente nas aldeas. 

    Antónimos: despois, despois.
  2. adv t

    Tempo inmediatamente anterior.

    Ex: Chamaron un minuto antes de saírmos pola porta. 

    Antónimos: despois, logo, despois, logo.
  3. adv l

    Denota prioridade de lugar, posición respecto de aquilo que está máis lonxe.

    Ex: O meu coche está aparcado antes ca o teu. 

    Antónimos: despois, despois.
  4. adv l

    Denota prioridade de rango, preferencia.

    Ex: El vai antes porque ten un volante urxente para o médico. 

    Antónimos: despois, despois.
  5. adv

    Máis ben, expresando preferencia en relación con outra cousa.

    Ex: Antes morto ca vivo.

Frases feitas

  • Antes ca. Anterioridade. Ex: Chegou antes ca ti.

  • Antes (de) que. Anterioridade. ANT: despois que. Ex: Antes ca ti hai unha chea de xente. Antes de que te vaias, avísame.

  • Antes de antonte. Trasantonte. Ex: Chegou antes de antonte.

  • Antes de onte. Antonte. Ex: Déronlle as notas antes de onte.

  • Antes de. Anterioridade. ANT: despois de. Ex: Antes de almorzar avísame. Antes de calar provocaría un escándalo. Antes da igrexa vén o cemiterio.

  • De antes. Que vén de antigo, xa vello. Ex: As películas de antes tiñan menos violencia.

Palabras veciñas

antervar | antes | Antes | antes | Antes | antesala | antese