antes
(< lat ante ‘diante,antes’)
-
adv t
Denota prioridade no tempo, anterioridade.
Ex: Hai que chegar antes para rematar o traballo a tempo. Antes a xente vivía maioritariamente nas aldeas.
Antónimos: despois, despois. -
adv t
Tempo inmediatamente anterior.
Ex: Chamaron un minuto antes de saírmos pola porta.
Antónimos: despois, logo, despois, logo. -
adv l
Denota prioridade de lugar, posición respecto de aquilo que está máis lonxe.
Ex: O meu coche está aparcado antes ca o teu.
Antónimos: despois, despois. -
adv l
Denota prioridade de rango, preferencia.
Ex: El vai antes porque ten un volante urxente para o médico.
Antónimos: despois, despois. -
adv
Máis ben, expresando preferencia en relación con outra cousa.
Ex: Antes morto ca vivo.
Frases feitas
-
Antes ca. Anterioridade. Ex: Chegou antes ca ti.
-
Antes (de) que. Anterioridade. ANT: despois que. Ex: Antes ca ti hai unha chea de xente. Antes de que te vaias, avísame.
-
Antes de antonte. Trasantonte. Ex: Chegou antes de antonte.
-
Antes de onte. Antonte. Ex: Déronlle as notas antes de onte.
-
Antes de. Anterioridade. ANT: despois de. Ex: Antes de almorzar avísame. Antes de calar provocaría un escándalo. Antes da igrexa vén o cemiterio.
-
De antes. Que vén de antigo, xa vello. Ex: As películas de antes tiñan menos violencia.