antesala
antesala
(< ante- + sala)
-
s
f
[ARQUIT]
-
Apousento ou estancia situada inmediatamente antes dunha sala.
Confrontacións: antecámara. -
Apousento que precede á sala principal, onde se agarda a ser recibido.
Confrontacións: antecámara.
-
-
s
f
Situación que precede a un certo acontecemento de importancia.
Ex: Está na antesala da morte, pouco lle queda. Para situarse na antesala do éxito hai que loitar moito.
Frases feitas
-
Estar na/facer antesala. Agardar na antesala o momento de ser levado á estancia na que está a persoa á que se visita, á que se quere ver.