logo

logo

(< lat v loco, ablativo delocu)

  1. adv

    En pouco tempo.

    Ex: Vou comprar o pan e xa veño logo.

    Sinónimos: axiña, axiña.
  2. adv

    Indica que algo é posterior no tempo, no espacio ou nunha orde.

    Ex: Primeiro come a sopa e logo as croquetas.

    Sinónimos: despois, despois.
  3. adv

    Indica que falta moi pouco para o que se indica.

    Ex: A casa está tan vella que logo non se ten en pé.

    Sinónimos: case.
  4. conx

    En consecuencia.

    Ex: Logo qué queres. OBS: Presenta variados significados e matices segundo o contexto e a entoación. Cando vai seguido de pausa condiciona a posposición do pronome. Ex: Logo, voume, que xa é tarde. Tamén admite o sufixo -iño, con valor intensificativo. Ex: Deica loguiño!

  5. Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘especialista, persoa versada’.

Citas

  • logopeda, logotipo.

Frases feitas

  • Dende/desde logo 1 Por suposto. Ex: Desde logo que quero ir con vós. 2 Expresión que se emprega como reforzo do que se di. Ex: ¿Queres un caramelo? -Desde logo que si.

  • Dende/desde logo 1 Por suposto. Ex: Desde logo que quero ir con vós. 2 Expresión que se emprega como reforzo do que se di. Ex: ¿Queres un caramelo? -Desde logo que si.

  • E logo 1 Afirma algo de xeito patente. Ex: ¿Levamos os nenos con nós? -E logo. 2 Enfatiza ou reforza unha pregunta ou unha frase. Ex: E logo qué che pasa agora. 3 Equivale a "por que". Ex: Non quero máis. -¿E logo?

  • Logo de + inf. Introduce oracións que expresan un acontecemento inmediatamente posterior a outro. Ex: Logo de comer lava os dentes.

  • Logo de + inf. Introduce oracións que expresan un acontecemento inmediatamente posterior a outro. Ex: Logo de comer lava os dentes.

  • Logo de que. Indica posterioridade no tempo. Ex: Logo de que veñan xa veremos o que facemos.

  • Logo de que. Indica posterioridade no tempo. Ex: Logo de que veñan xa veremos o que facemos.

  • Xa que logo. En consecuencia.

  • Xa que logo. En consecuencia.

Palabras veciñas

Logau, Friedrich von | Logfia | lógion* | logo | logo | logo- | logografía