Domicio Ahenobarbo

Domicio Ahenobarbo

Familia romana da gens Domicia. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 192 a C, venceu a Antíoco III en Magnesia (189 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 122 a C, derrotou os avernos na Galia. Lucio Domicio Ahenobarbo , cónsul no 54 a C, morreu na Batalla de Farsalia en combate contra César (48 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , fillo do anterior, foi cónsul no 32 a C e un dos asasinos de César. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 32 d C, casou con Agripina, irmá do Emperador Calígula, e foi o pai de Lucio Domicio Ahenobarbo , emperador que adoptou o nome de Nerón.

Palabras veciñas

domiciliario -ria | domicilio | domicilio | Domicio Ahenobarbo | Domicio Alexandre | dominable | dominación