domicilio

domicilio

(< lat domicilĭu

  1. Familia romana da gens Domicia. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 192 a C, venceu a Antíoco III en Magnesia (189 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 122 a C, derrotou os avernos na Galia. Lucio Domicio Ahenobarbo , cónsul no 54 a C, morreu na Batalla de Farsalia en combate contra César (48 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , fillo do anterior, foi cónsul no 32 a C e un dos asasinos de César. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 32 d C, casou con Agripina, irmá do Emperador Calígula, e foi o pai de Lucio Domicio Ahenobarbo , emperador que adoptou o nome de Nerón.

  2. s m

    Edificio ou lugar no que vive alguén habitualmente.

    Ex: Tivo sempre o domicilio en Forcarei.

    Sinónimos: casa, residencia, vivenda, morada.
  3. [DER]
    1. s m

      Lugar de residencia habitual ao que a lei lle outorga a característica de ser o emprazamento de referencia dunha persoa, física ou xurídica, para o cumprimento das súas obrigas e o exercicio dos seus dereitos. O domicilio pode ser calquera lugar pechado, natural ou artificial, moble ou inmoble. A elección do domicilio é xeralmente voluntaria, e é legal cando vai determinada pola lei. A inviolabilidade do domicilio constitúe un dereito e unha garantía da persoa.

    2. domicilio social

      Lugar no que unha sociedade legalmente constituída establece o seu enderezo a efectos administrativos.

Frases feitas

  • A domicilio loc adv No lugar de residencia da persoa interesada. Ex: Prestan atención médica a domicilio.