experiencia
(< lat experientĭa)
-
s
f
Antónimos:
inexperiencia.
-
Coñecemento directo dalgunha cousa adquirido polo uso, a práctica ou as propias vivencias.
Ex: Neste bar necesitan camareiras con experiencia.
Antónimos: inexperiencia. -
Coñecemento da realidade, do mundo ou da vida.
Ex: As persoas maiores sempre teñen máis experiencia.
-
[FILOS]
Modo de coñecemento que procede da percepción sensible ou da intuición psicolóxica. A súa defensa fronte ao predominio da razón foi defendida polo empirismo. O recurso á experiencia é un método científico rexido polas regras do método experimental, a partir de hipóteses provócase a maneira de verificalas por medio de observacións e de rigorosos traballos de laboratorio. J. Locke distinguiu entre a experiencia externa e a interna. O concepto tamén pode aplicarse a outros eidos como o da experiencia moral, que se refire ao conxunto do adquirido ao longo da vida dun individuo ou de toda a humanidade. De tal xeito que a persoa que ten experiencia, propia ou porque coñece a historia, pode extraer ensinanzas válidas para a vida e dar consellos. Este tipo de experiencia foi defendida por I. Kant.
-
-
s
f
Situación ou suceso na vida de alguén, que lle proporciona coñecemento sobre a realidade, a vida ou o mundo.
Ex: A morte das súas fillas foi unha experiencia moi dolorosa.
Confrontacións: vivencia. -
s
f
Estudio para descubrir ou comprobar as características dun fenómeno mediante a súa observación.
Ex: Fixemos varias experiencias no laboratorio para o exame de ciencias.
Refráns
- A barco novo, capitán vello.
- A besta amatada de lonxe ve vir a albarda.
- A experiencia é a nai da ciencia.
- A mellor mestra é a experiencia.
- Abade que foi monaguillo ben sabe quen bebe o viño.
- Cando algúns van a Santiago, xa volven outros con cunchas.
- Contra a experiencia non hai ciencia.
- Máis vale experiencia que ciencia.
- Mallando mallando apréndese a mallar.
- Moitas veces a experiencia vale tanto coma a ciencia.
- Ninguén sabe o que hai na ola mellor cá culler.
- O que coce e amasa ben sabe as que pasa.
- O que foi cociñeiro antes que frade, o que pasa na cociña ben o sabe.
- Ó que non ten experiencia fáltalle a mellor sabencia.
- O uso é mestre de todo.
- O uso fai mestres.
- Todo quere uso e a muller quere roca e fuso.