fábrica

fábrica

(< lat fabrĭca)

  1. s f

    Instalación ou conxunto de instalacións industriais, destinada á transformación de materias primas ou á produción de obxectos a partir de elementos máis simples.

  2. [CONSTR]
    1. s f

      Construción ou obra feita con pedra ou ladrillo e argamasa.

    2. punto de fábrica

      Anaco de muro que se refai polo pé deixando o resto intacto.

  3. [RELIX]
    1. s f

      Conxunto dos fondos que hai nunha igrexa, destinados á súa conservación e reparación, así como a satisfacer os custos do culto.

    2. consello de fábrica

      Persoas que administran os bens dunha igrexa.

  4. s f [XEOL]

    Aparencia dunha rocha, determinada pola forma, o tamaño, e a disposición dos elementos, tanto minerais como partículas non cristalinas, que a constitúen; comprende a súa textura e a súa estrutura.

  5. s f

    Aquilo que produce ou orixina algo.

    Ex: Era unha fábrica de facer cartos.

Frases feitas

  • De fábrica 1 Que está feito con pedra, ladrillos ou argamasa.

  • 2 Que vén establecido ou sae así directamente de fábrica. Ex: Defecto de fábrica. Marca de fábrica. Prezo de fábrica.

Palabras veciñas

Fabri, Diego | Fabriano | fábrica | fábrica | Fábrica Real | fabricación | fabricador -ra