Fábrica Real

Fábrica Real

Fábrica de lenzos tinguidos e prensados fundada en Mondoñedo por Luís López Lombardía por orde dunha Real Cédula do 27 de setembro de 1738. A concesión fíxose en principio por dez anos, coa condición, entre outras, de fabricar 54.000 pezas de todas as cores, de quince varas de longo e unha de ancho, de igual calidade cás fabricadas polo gremio de mercería, especiería e droguería de Madrid, e coa obriga de vendelas por fardos ou pezas a 4 reais a vara e as vermellas a 70 reais a peza. Instalada nun amplo edificio construído no barrio de San Lázaro, converteuse nun centro abastecedor de considerable importancia. Non obstante , a escaseza de lenzo ocasionou o seu peche a finais do s XVIII. O edificio aproveitouno o episcopado para establecer un obradoiro co fin de proporcionar traballo a prostitutas.

Palabras veciñas

Fabriano | fábrica | fábrica | Fábrica Real | fabricación | fabricador -ra | fabricante