función

función

(< latfunctĭōne)

    1. s f

      Acción especial, propia ou normal dun órgano ou dun aparato dun ser vivo.

    2. función biolóxica [BIOL]

      Resultado da actividade dun órgano ou sistema.

    3. función clorofílica [BIOQ]

      fotosíntese.

    1. s f

      Acción propia ou característica dunha facultade natural.

      Ex: A función da intelixencia. 

    2. función psíquica [PISC]

      Acción propia dunha facultade psíquica ou dun proceso mental dentro da actividade total psicolóxica dun individuo. Cosntitúe un conxunto de operacións interdependentes.

  1. s f

    Acción propia dunha máquina.

    1. s f

      Acción correspondente a unha persoa segundo o seu cargo, oficio, ou emprego.

      Ex: Non cumpría coas funcións do seu posto. 

    2. función pública

      Función que compete aos organismos, ás autoridades, aos axentes e aos auxiliares do poder público.

    3. función urbana [XEOG]

      Actividade ou conxunto de actividades predominantes dunha cidade en relación ao seu contorno (comercial, turística, sanitaria, administrativa, política, etc).

  2. s f
    1. [ESPECT]

      Cada unha das representacións dunha obra dramática dentro do espazo escénico.

    2. [ESPECT]

      Calquera tipo de representación de circo, teatro ou variedades.

    3. [RELIX]

      Representación ou cerimonia relixiosa.

  3. [MAT]
    1. s f

      Aplicación dun conxunto numérico noutro conxunto numérico. O concepto de función é un dos conceptos fundamentais das matemáticas. Unha función entre dous conxuntos A e B represéntase mediante a notación: f:AB; A é o dominio de definición ou o campo de existencia de f, e o subconxunto de B formado polas imaxes dos elementos de A, denotado por f(A), é a imaxe, o alcance, o rango ou o percorrido de f. Se x representa un elemento calquera de A e y representa un elemento calquera de f(A), dise que x é a variable independente e que y é a variable dependente de f, e representa a función f mediante a asignación xy=f(x). Se A é, por exemplo, o corpo dos números reais, O, f é unha función de variable real. Fálase de funcións dunha variable, f(x), e de funcións de diversas variables, f(x 1 ,...,x n ). No caso dunha función real de variable real, o conxunto de puntos do plano (x, f(x)), obtidos ao variar x no dominio de definición de f, é a gráfica da función f. As operacións entre as funcións (suma, produto, composición, etc), confírenlle estrutura alxébrica aos conxuntos de funcións, así, por exemplo, o conxunto de funcións reais de variable real dotado da suma e do produto de funcións é un anel abeliano unitario; se está dotado da suma e do produto por un número real, é un espazo vectorial; e se o é da suma e produto de funcións e do produto por un número real, é unha álxebra asociativa unitaria. A topoloxía dos conxuntos funcionais é o obxecto da análise funcional mentres que as propiedades analíticas (continuidade, derivabilidade, integrabilidade, etc) son estudiadas pola análise matemática.

    2. función absolutamente continua

      Función f: O→O tal que existe unha función F: O→O, integrable sobre O, que cumpre f(x)=ò x -¥ F(t) dt para todo x?O.

    3. función acoutada

      Función tal que o percorrido é un conxunto acoutado.

    4. función aditiva

      Dados dous conxuntos dotados de senllas operacións internas notadas aditivamente, (E,+) e (F,+), función f: EF que cumpre que f(x+y)= f(x)+f(y). Na teoría de números, unha función aditiva e unha función f: J-{0}→L tal que f(xy)=f(x)+f(y) cando x e y son números primos entre eles.

    5. función alternada

      Función de diversas variables en que o intercambio de dúas variables independentes fai que a variable dependente cambie de signo.

    6. función alxébrica

      Función que pode expresarse usando só as operacións de adición, subtracción, multiplicación, división e elevación a unha potencia racional. As funcións polinómicas, racionais e irracionais son alxébricas.

    7. función analítica

      Función f:D0O→O (ou f:D0L→L) tal que en todo punto x?D é desenvolvible en serie enteira. Segundo D0O ou D0L fálase de función analítica de variable real ou de función analítica de variable complexa. Unha función analítica en D é indefinidamente derivable en D.

    8. función aritmética

      Función f:J*→O ou f:J*→L, derivable onde J*=J-{0}.

    1. función da linguaxe

      Finalidade para a que se usa a linguaxe. As linguas, en tanto que institución social, teñen como función a comunicación entre os membros dunha comunidade. Desde un punto de vista psicolóxico, pode afirmarse complementariamente que a función da linguaxe é a expresión do pensamento. A partir de Karl Bühler, tamén se fala das funcións da linguaxe para referirse ás finalidades coas que é susceptible de usarse a linguaxe na súa función comunicativa. Segundo este autor, estas funcións ou dimensións de uso son a función expresiva (Kundgabe), que informa sobre o estado anímico do falante, a función apelativa (Apell), que actúa sobre a atención do oínte, e a función representativa (Darstellung), mediante a que se dá algunha explicación. Roman Jakobson distingue, ademais, a función fáctica, indicadora dun mantemento da comunicación, a función metalingüística, mediante a que se fala sobre o código lingüístico, e, finalmente, a función poética, con relación á mensaxe comunicada e da que derivan a interpretación e a análise literaria.

    2. función fónica

      Fin para o que pode servir un elemento ou particularidade fónica nun sistema lingüístico. Pode ter unha función distintiva, presente en todas as linguas, que permite diferenciar signos lingüísticos distintos (ex: gato de gota), delimitativa ou demarcativa, que permite establecer os límites entre unidades fónicas ou tamén culminativa, indicadora do número de unidades contidas nunha frase.

    3. función sintáctica

      Relación, identificada mediante un rol ou oficio, que mantén unha parte dunha construción sintáctica con outras partes da mesma construción ou coa construción no seu conxunto. As funcións sintácticas tradicionais son as de suxeito, predicado, atributo e complementos (directo, indirecto, predicativo e circunstancial). Modernamente, sobre todo desde enfoques de gramáticas funcionais, adoita xebrarse a noción tradicional de función sintáctica en tres niveis paralelos que tenden á correspondencia, pero sen que se dea entre eles unha correlación biunívoca: funcións sintácticas propiamente ditas, puramente formais (cun repertorio similar ao tradicional); funcións semánticas, que identifican os roles de cada constituínte na representación do evento que se denota (p ex: axente, paciente, destinatario, localización, finalidade, etc); e funcións pragmáticas ou informativas (p ex: tema ou tópico e rema ou comentario; información nova e vella, etc) que atinxen á maneira de organizar comunicativamente o enunciado, sen variar o seu contido, adecuando a mensaxe a factores contextuais e situacionais.

    1. s f

      Forma de captar unha realidade composta por relacións. De cotío contraponse a substancia, no sentido de que a función comporta un carácter dinámico intrínseco, mentres que a substancia é máis ben estática.

    2. s f

      Relación dun con outro ou con moitos outros.

    3. función proposicional

      Expresión lóxica indeterminada que pode converterse nunha proposición determinada se as súas variables son substituídas por termos determinados.

  4. Contribución que un elemento da civilización achega á perpetuación dunha configuración sociocultural determinada.

  5. Conxunto de propiedades características dunha familia de compostos que conteñen na molécula un mesmo grupo funcional.

  6. Propiedade dun sistema que só depende do estado do mesmo, definido polo volume, a presión e a temperatura, e que non depende da traxectoria seguida na transformación realizada para chegar a ese estado.

  7. Función que se basea nas operacións da álxebra lóxica ou de Boole, que se efectúa con elementos ou circuítos lóxicos, xeralmente de tipo electrónico ou fluídico. Estas funcións aplícanse en informática e nos automatismos.

Frases feitas

  • En función de. Dependendo de algo. Ex: Trataremos o tema en función do tempo que teñamos.

  • En funcións. Aplícase a quen desempeña provisionalmente un cargo ou función substituíndo o seu titular.

Palabras veciñas

funámbulo -la | Funchal | función | función | funcional | funcionalidade | funcionalismo