limpo -pa
(< lat limpĭdu)
-
p irreg
de limpar ou limparse.
-
adx
-
Que non ten mancha nin sucidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Non é limpo o que limpa, senón o que non luxa. Tan limpa é a miña nora que ata os allos lava. Tan limpa e tan recachada, e cada mes pon a camisa lavada”.
Ex: Os cristais quedaron moi limpos. Puxo unha camisa limpa.
-
Que non ten mesturas nin impurezas.
Ex: Dese pozo obtense auga limpa.
-
Que non ten alteracións.
Ex: As imaxes desde o estadio chegaban limpas e nidias.
-
-
adx
-
Que está libre de algo.
Ex: O vento deixou o val limpo de néboa. O prato da sobremesa quedou limpo.
-
Que está despoxado do que lle sobra ou do que non serve.
Ex: Pídelle á peixeira que che poña un quilo de fanecas limpas.
-
Aplícase á cantidade de cartos que xa están libres de impostos ou deducións.
Ex: Gañou 1.200 euros limpos.
-
-
adx
-
Que ten o hábito ou o costume da limpeza.
Ex: É unha persoa moi limpa.
-
Que non ensucia, dana ou contamina.
Ex: É preciso utilizar enerxías limpas que non danen a natureza.
-
-
adx
Que se percibe de xeito nítido por non presentar irregularidades.
Ex: O contorno das montañas constitúe un corte limpo na paisaxe.
-
adx
-
Que ten horadez ou decencia.
Ex: Non é xente limpa esa coa que te xuntaches.
-
Que non cometeu ningún acto ilegal.
Ex: Examinaron o vehículo e deixaron que o condutor marchase porque estaba limpo.
-
-
adx
Que está ben feito.
Ex: Os albaneis fixéronlle un traballo limpo e curioso.
-
adx
Que perdeu os cartos ou que quedou sen nada, aplicado especialmente aos xogos de azar.
Ex: Foi ó bingo e saíu limpo.
-
adx
Que segue as regras fixadas.
Ex: O árbitro pediulles ós loitadores que fixesen un combate limpo.
-
s
m
Aplícase aos fondos mariños e fluviais que non presentan perigo para a navegación.
-
adv
Con limpeza.
Frases feitas
-
A golpe limpo/A patada limpa. Dar, repetidamente, o que se expresa. Ex: Sacárono do bar a patada limpa.
-
A golpe limpo/A patada limpa. Dar, repetidamente, o que se expresa. Ex: Sacárono do bar a patada limpa.
-
Pasar/poñer a limpo. Facer definitivo o que se tiña de xeito provisional. Ex: Teño que pasar a limpo as notas que tomei na clase.
-
Pasar/poñer a limpo. Facer definitivo o que se tiña de xeito provisional. Ex: Teño que pasar a limpo as notas que tomei na clase.
-
Sacar en limpo. Conseguir algún tipo de beneficio. Ex: Non saquei nada en limpo das súas explicacións.
-
Sacar en limpo. Conseguir algún tipo de beneficio. Ex: Non saquei nada en limpo das súas explicacións.