Limulus
Limulus
[ANIMAL]
Xénero de artrópodos merostomados ao que pertence a especie L. polyphemus. Teñen un ancho prosoma, convexo polo dorso e cóncavo pola zona ventral, dous pares de ollos dorsais, un par central, pequeno e outro lateral, con ollos máis grandes e compostos. O corpo remata nunha especie de espiña articulada, que lle permite darse a volta sobre a area cando a marea os tomba. O prosoma ten, ademais, seis pares de apéndices e catro pares de patas marchadoras rematadas nunha quela ou pinza. Son bentónicos e aliméntanse de moluscos e outras materias orgánicas.