material
(< lat materiāle)
-
adx
Relativo ou pertencente á materia, entendida como substancia física e tanxible.
Antónimos: inmaterial. -
adx
-
Que concerne á natureza física do home ou ás súas necesidades corporais.
Ex: Só pensa nos praceres materiais.
-
Que é real ou efectivo.
Ex: Non hai tempo material para rematar o traballo de ciencias.
-
Que el mesmo foi quen o realizou.
Ex: O teu veciño foi o autor material do crime.
-
-
adx
Que só afecta ás cousas e non ás persoas.
Ex: O incendio causou numerosas perdas materiais.
-
[TECNOL]
-
s
m
Materia natural (pedra ou madeira) ou artificial que serve para construír edificios, máquinas, vehículos e toda outra clase de obxectos. Un material pode ser un elemento químico dun grao de pureza determinado (silicio para a electrónica), un composto (polímero), un agregado, unha suspensión coloidal (ferrofluído) ou unha solución sólida, entre outros. Existen outros criterios de clasificación ademais dos anteriores, por exemplo, polos tipos de constituíntes básicos (aliaxe, cerámica), polo proceso de obtención (material sintetizado) ou polas aplicacións (materiais de construción, biomaterial). A invención de materiais fíxose sistemática a partir da Segunda Guerra Mundial (1939-1945) e intensificouse desde a década de 1980. Moitos materiais son resultado de estudiar as propiedades dunha nova especie química ou dunha nova mestura e de atopar que satisfagan unha necesidade social, pero cada vez máis ten lugar o proceso inverso, que se pode denominar de “invención a medida”: primeiro de todo está a definición a priori das propiedades que ha de ter un material inexistente para que cumpra unha función determinada, e en segundo lugar, vén a busca empírica mesturando ou fundindo substancias, facendo cambios de composición ou de estrutura ou ben sintetizándoos de novo ata que se atope un material coas propiedades preestablecidas (dureza, peso específico, resistencia aos esforzos, comportamento térmico ou eléctrico). Un proceso máis avanzado, que xa se ensaia, é a invención de materiais guiándose directamente polas teorías que explican como unha estrutura molecular, un tipo de enlaces químicos, etc, determinan as propiedades dunha substancia, é dicir, creando experimentalmente as condicións previstas pola teoría. As novas ciencias como a biotecnoloxía e a biomimética comezan a xerar novas familias de materiais, recorrendo aos microorganismos ou copiando microestruturas da materia viva.
-
ciencia dos materiais
Ciencia interdisciplinaria que estudia a relación entre a estrutura e as propiedades dos materiais, é dicir entre a súa composición química, estrutura fina ou microestrutura, e a súa dureza, fraxilidade ou condutibilidade eléctrica. Esta ciencia permite mellorar as técnicas de produción e de uso dos materiais xa coñecidos, atoparlles novas aplicacións e, en particular, obter novos materiais.
-
s
m
-
s
m
-
Conxunto de instrumentos, máquinas ou cousas diversas que se empregan nun servicio, nunha industria ou nunha actividade.
Ex: O martes chegou o material de laboratorio que se encargara.
-
Conxunto de documentos que serven para compor unha obra intelectual ou un traballo.
Ex: Busca materiais para a súa nova novela.
-
-
s
m
Coiro curtido.
Ex: Regaloume unha carteira de material.
-
material celular
[QUÍM/TECNOL]
Substancia sólida cunha estrutura que forma pequenas celas ocupadas por aire, que se emprega como illante térmico e eléctrico.
-
material sensible
[IMAX]
Material fotográfico que, impresionado ou non, aínda non foi revelado nin fixado e que, consecuentemente, permanece sensible aos efectos da luz. Dos diferentes tipos de material sensible que normalmente se utilizan destacan a película, a placa e o papel.