nariz

nariz

(< lat v *narīcae)

  1. s m [ZOOL]

    Órgano do olfacto dos vertebrados, de conformación moi diversa, que consta basicamente de dúas bolsas -ou unha, no caso dos ciclóstomos- situadas na parte anterior da cabeza e abertas ao exterior por un número de orificios que oscila entre os dous pares por bolsa (nos peixes) e un orificio por bolsa (no resto de vertebrados). Nas persoas ten a forma dunha pirámide triangular de vértice superior e base inferior, con dous buracos. Formada polas cartilaxes, músculos e pel, está tapizada interiormente por unha porción da mucosa pituitaria.

    Confrontacións: fociño.
  2. s m

    Elemento agudo de certas cousas con forma semellante ou que recorda o nariz humano.

    Ex: O avión tiña o nariz agudo e as ás longas.

  3. s m

    Sentido do olfacto.

    Ex: Ten moi bo nariz para os perfumes. 

  4. s m

    Persoa experta na clasificación e identificación de perfumes por medio do olfacto.

  5. s m [CONSTR]

    Peza metálica onde encaixa a aldraba.

Frases feitas

  • Dar no nariz. Sospeitar algo. Ex: Dáme no nariz que non vai vir.

  • Meter o nariz. Entremeterse alguén nun asunto. Ex: Non metas o nariz no que non che importa.

  • Torcer o nariz. Non agradar algo. Ex: Cando viu o que había de comer torceu o nariz.

Palabras veciñas

narinxina | Nariva-Mayaro | nariz | nariz | narizudo -da | Narla | Narla