pequeno -na

pequeno -na

(< orixe expresiva)

  1. adx Antónimos: grande.
    1. Que ocupa menos espazo ou superficie do normal ou do corrente entre os seres da súa categoría. Na tradición oral recóllense ditos como “Non hai cousa pequena que o seu valor non teña. En cama pequena deitarse no medio, que é o mellor remedio. Dunha noz pequena nace unha nogueira. A mellor casa é a miña, aínda que sexa pequeniña. Deus é grande; e o mundo pequeno. Quen pequena leira ten, a pasos a mide. A pequeno paxariño, pequeno niño”.

      Ex: Esperamos nunha pequena sala.

      Antónimos: grande.
    2. Que é de pouca estatura. Na tradición oral recóllense ditos como: “O home e o burro, canto máis pequenos máis agudos. Vale máis pequeno e agudo, que grande e burro”.

      Ex: Antón é moito máis pequeno ca seu irmán. O rapaz está pequeno para a súa idade.

      Antónimos: grande.
    3. Que ten unha duración reducida.

      Ex: Os días son máis pequenos no inverno ca no verán. Fixeron unha pequena excursión polos Ancares.

    4. Que ten pouca importancia en calidade, cantidade, valor ou intensidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “As boas cousas véndense en pequenas doses”.

      Ex: Na reunión tratamos asuntos pequenos. Presteille unha pequena cantidade de diñeiro. Escoitouse unha pequena explosión. Queixábase dunha pequena dor no brazo.

    5. Que ten pouca idade.

      Ex: Aínda é moi pequeno para entender o que pasou.

    6. Que ten pouca capacidade de produción.

      Ex: É o dono dunha pequena empresa de publicidade.

    7. Que ten escasos bens ou un rendemento reducido.

      Ex: Os pequenos propietarios da zona constituíron unha asociación.

  2. s

    Persoa que aínda está na nenez.

    Ex: Os pequenos xogaban no parque.

  3. gorxa pequena [ANAT]

    esófago.

  4. pequeno mal [PAT]

    Tipo de epilepsia xeneralizada con perda da consciencia, de pequena duración e sen crises convulsivas. Nas variedades máis leves prodúcense as chamadas ausencias. OBS: Tamén se denomina petit mal ou picnolepsia.

Frases feitas

  • De pequeno. Cando era neno. Ex: De pequeno gustábame moito disfrazarme no Entroido.