pequeno -na
(< orixe expresiva)
-
adx
Antónimos:
grande.
-
Que ocupa menos espazo ou superficie do normal ou do corrente entre os seres da súa categoría. Na tradición oral recóllense ditos como “Non hai cousa pequena que o seu valor non teña. En cama pequena deitarse no medio, que é o mellor remedio. Dunha noz pequena nace unha nogueira. A mellor casa é a miña, aínda que sexa pequeniña. Deus é grande; e o mundo pequeno. Quen pequena leira ten, a pasos a mide. A pequeno paxariño, pequeno niño”.
Ex: Esperamos nunha pequena sala.
Antónimos: grande. -
Que é de pouca estatura. Na tradición oral recóllense ditos como: “O home e o burro, canto máis pequenos máis agudos. Vale máis pequeno e agudo, que grande e burro”.
Ex: Antón é moito máis pequeno ca seu irmán. O rapaz está pequeno para a súa idade.
Antónimos: grande. -
Que ten unha duración reducida.
Ex: Os días son máis pequenos no inverno ca no verán. Fixeron unha pequena excursión polos Ancares.
-
Que ten pouca importancia en calidade, cantidade, valor ou intensidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “As boas cousas véndense en pequenas doses”.
Ex: Na reunión tratamos asuntos pequenos. Presteille unha pequena cantidade de diñeiro. Escoitouse unha pequena explosión. Queixábase dunha pequena dor no brazo.
-
Que ten pouca idade.
Ex: Aínda é moi pequeno para entender o que pasou.
-
Que ten pouca capacidade de produción.
Ex: É o dono dunha pequena empresa de publicidade.
-
Que ten escasos bens ou un rendemento reducido.
Ex: Os pequenos propietarios da zona constituíron unha asociación.
-
-
s
Persoa que aínda está na nenez.
Ex: Os pequenos xogaban no parque.
-
gorxa pequena
[ANAT]
esófago.
-
pequeno mal
[PAT]
Tipo de epilepsia xeneralizada con perda da consciencia, de pequena duración e sen crises convulsivas. Nas variedades máis leves prodúcense as chamadas ausencias. OBS: Tamén se denomina petit mal ou picnolepsia.
Frases feitas
-
De pequeno. Cando era neno. Ex: De pequeno gustábame moito disfrazarme no Entroido.